Inega

Enerxía Solar Fotovoltaica














Presentación

As instalacións de enerxía solar fotovoltaica utilízanse para a xeración de enerxía eléctrica, e poden estar illadas ou conectadas á rede eléctrica.

As instalacións fotovoltaicas illadas son útiles en zonas ás que non chegan as liñas eléctricas convencionais, e necesitan dun sistema de acumulación de enerxía (baterías) para proporcionar enerxía eléctrica nos momentos nos que non se está captando enerxía solar suficiente.

Pola súa banda, as instalacións fotovoltaicas conectadas á rede implántanse nos lugares ós que si chegan as liñas eléctricas; non necesitan sistema de acumulación e o propietario pode vender o total da enerxía xerada polo sistema, a medida que se vai producindo, a un prezo moi superior ó que merca a enerxía, polo que é rendible económicamente vender toda a produción independientemente de que se necesite ou non.

As instalacións fotovoltaicas teñen polo momento o gran problema do seu alto custo. Para instalacións fotovoltaicas illadas o custo atópase entre 12.000 e 13.000 euros por kWp, e para instalacións conectadas á rede entre 5.500 e 7.000 euros por kWp, en función do tamaño da instalación, equipamento, interconexión, etc.

Este custo aumenta naquelas instalacións nas que se incorpora un sistema de seguemento solar, de forma que os paneis se van orientando cara o sol a medida que o día vai evolucionando.

A produción dunha instalación fotovoltaica con captación fixa en Galicia atópase entre 1.000 e 1.200 kWh anuais por cada kWp instalado, cifra que aumenta para aqueles casos nos que se incorporan sistemas de seguemento solar.

Actualmente existen subvencións para o apoio á enerxía solar, polo que os custos anteriores poden verse amplamente reducidos con respecto aos consignados anteriormente.

Listaxe de instaladores de Enerxía Solar Fotovoltaica en Galicia
Subvencións Aforro 2010
Subvención Renovables 2010
Consulta on-line estado subvencións 2009
Autoliquidación Canon Eólico
Certificación Enerxetica
Simuladores Inega
Sicapde
Listaxe de Instaladores
Dossier de Prensa
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria(Nova ventá) Instituto Enerxético de Galicia