Subvencións

Plan Renove Climatización

INFORMASE QUE OS FONDOS DO PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN ESTÁN ESGOTADOS, POLO QUE SE PROCEDE A PECHAR O PLAN PARA SOLICITAR NOVAS AXUDAS

AMPLIASE o prazo de presentación das solicitudes de axuda ata o día 30 DE SETEMBRO DE 2010 ou ata que se ESGOTE O CRÉDITO

Información do Plan Renove de Climatización
Documento Completo do Plan Renove de Equipos de Climatización 2009 [PDF]

A partir do 1 de xullo de 2010 a aplicación informática establecerá o 18% de IVE en vez do 16%.

Formulario de Solicitude de Axuda
Para realizar a Solicitude de Axuda prema no seguinte enlace

Pasos a seguir para solicitude das Axudas[PDF]

Nota Informativa SOLICITUDE DE AXUDA:
1.- NON SE SUBVENCIONARÁ A SUBSTITUCIÓN DE RADIADORES ELÉCTRICOS NIN DE INSTALACIÓNS EXCLUSIVAS DE AUGA QUENTE SANITARIA.

2.- AQUELAS SOLICITUDES DE AXUDA NA QUE SE SUBVENCIONE A COMPRA DE EQUIPOS DE CLIMATIZACIÓN SÓ FRÍO DEBERÁN PRESENTAR COMA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA A ESTABLECIDA NO PUNTO 9.6 DAS BASES DO PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN ASÍ COMA UNHA DECLARACIÓN XURADA DO SOLICITANTE ONDE SE ESPECIFIQUE O USO DA INSTALACIÓN (SO FRÍO).SOAMENTE SE EFECTUARÁ O PAGO SE A CLASIFICACIÓN DO USO AO QUE CORRESPONDA O EQUIPO DE CLIMATIZACIÓN É DE CLASE A.

3.- AQUELAS SOLICITUDES DE AXUDA NA QUE SE SUBVENCIONE A COMPRA DE BOMBAS DE CALOR DEBERÁN PRESENTAR COMA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA A ESTABLECIDA NO PUNTO 9.6 DAS BASES DO PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN ASÍ COMA UNHA DECLARACIÓN XURADA DO SOLICITANTE ONDE SE ESPECIFIQUE O USO DA INSTALACIÓN (SÓ CALOR OU REVERSIBLES).SOAMENTE SE EFECTUARÁ O PAGO SE A CLASIFICACIÓN DO USO AO QUE CORRESPONDA A BOMBA DE CALOR É DE CLASE A.

XUSTIFICACIÓN SOLICITUDE AXUDA
Informase que, NO PRAZO DE 60 DÍAS despois de feita a solicitude de fondos (estado RESERVADO) o instalador remitirá ao INEGA a documentación xustificativa da instalación tal e coma se establece no punto 9.6 das bases do Plan Renove de Climatización (ter en conta así mesmo, que debe de establecerse en cada expediente a data de entrega da documentación para que a solicitude pase a estado “RESERVADA IMPRESA ENTREGADA”. Por todo o anterior, aquelas solicitudes que teñen data de reserva 01/03/2010 teñen ata o día 29/04/2010 para entregar a documentación e actualizar a solicitude na aplicación, se eso non é así, a aplicación informática anulará de forma automática a solicitude e liberará eses fondos reservados ata o momento para poder utilizalos para próximas reservas.

Enlace adhesión Instaladores
Para realizar a adhesión de instaladores prema no seguinte enlace

Listados
- Instaladores adheridos

- Caldeiras subvencionables actualizado a 30-4-2010 [PDF]

- Bombas/Equipos climatización subvencionables actualizado a 21-4-2010 [PDF]

- Xestores autorizados para os Residuos de Equipos de Climatización ou Bombas de Calor

- Xestores autorizados para Residuos de Caldeiras:

Os residuos de caldeiras poden codificarse segundo a Lista Europea de Residuos com LER 170407 (metais mesturados).

Adxúntase listado dos xestores e advírtese que, aínda que as empresas estén autorizadas para recibir os residuos clasificados con ese código LER, non están obrigadas a recollelos, deberíades de poñervos en contacto con elas anteriormente.

No caso de que o beneficiario sexa un particular e éste se encargue de xestionar estos residuos, deberá entregalo nun punto limpo do concello e solicitar no mesmo un certificado que verifique a entrega do residuo. O certificado deberá de entregalo ao instalador adherido ao plan, xa que o INEGA poderá pedilo para xustificar documentalmente a entrega do residuo.

Se o equipo que pretende instalar non está no listado, envíenos a documentación xustificativa das súas características técnicas (según o punto 9 do Plan) ao correo electrónico renoveclimatizacion@inega.es para que poida ser incluído na devandita lista.

Para calquer consulta: renoveclimatizacion@inega.es ou 981 95 72 75,981 54 15 14.

Subvencións Aforro 2010
Subvención Renovables 2010
Consulta on-line estado subvencións 2009
Autoliquidación Canon Eólico
Certificación Enerxetica
Simuladores Inega
Sicapde
Listaxe de Instaladores
Dossier de Prensa
Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria(Nova ventá) Instituto Enerxético de Galicia