A inscrición nestes listados non avala a cualificación técnica das empresas incluídas neles. O Inega non se fai responsable dos traballos desenvolvidos polas citadas empresas nin realizou ningún tipo de verificación do seu persoal e nin dos medios que posúen.
Caldeiras de Biomasa

A biomasa, abreviatura de masa biolóxica, cantidade de materia viva producida nunha área determinada da superficie terrestre, ou por organismos dun tipo específico.
Caldeiras de Biomasa >>Xeotérmicas

A enerxía xeotérmica es a enerxía que pode ser obtida polo home mediante o aproveitamento da calor do interior da Terra. Esta calor débese a varios factores, entre os que convén salientar o gradiente xeotérmico, a calor radioxénica, etc.
Xeotérmicas >>Empresas Auditoras

As empresas auditoras dispoñen dos medios humanos e do equipamento técnico necesario para a realización de auditorías enerxéticas. Estes estudos teñen por obxectivo establecer melloras encamiñadas a un uso racional da enerxía.
Empresas Auditoras >>Enerxía Solar Térmica

A enerxía solar térmica ou enerxía termosolar, consiste no aproveitamento da enerxía do sol para producir calor que pode aproveitarse para a produción de auga quente destinada ao consumo de auga doméstica, ben para auga quente sanitaria, calefacción, ou ben para produción de enerxía mecánica e a partir de esta, de electricidade.
Enerxía Solar Térmica >> Enerxía Solar Fotovoltaica

A enerxía solar fotovoltaica obténse a través de paneis fotovoltaicos, formados por dispositivos semiconductores tipo diodo que, ao recibir radiación solar, excítanse e provocan saltos electrónicos, xerando unha pequena diferencia de potencial nos seus extremos.
Enerxía Solar Fotovoltaica >>